Benvido á Páxina Inicial de Investigación de Santiago (é) Tapas

GÚSTACHE "TAPEAR" E QUERES CONSEGUIR 5 TAPAS GRATIS?
SE O SI FOI A TÚA RESPOSTA, DEBERÍAS SEGUIR LENDO...
O Concurso Santiago(é)Tapas 2011 realízase entre o 13 de Maio e o 29 de Maio e ten, entre outros obxectivos, descubrir cal é a mellor tapa de Santiago de Compostela. O Grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa Organización do Concurso Santiago(é)Tapas, está desenvolvendo un sistema de recomendación de tapas, bares, restaurantes e rutas gastronómicas en Santiago de Compostela a partires do perfil e experiencias de cada usuario. Para validar as recomendacións propostas por unha primeira versión desta aplicación, invitámoste a participar neste proxecto ofrecéndoche 5 tapas de balde para que nos digas que opinas acerca das recomendacións.

Se estás interesado en participar neste experimento e acadar 5 tapas de balde é necesario que cumpras os seguintes requisitos:

  1. Expresión de interese. Rexístrate nesta web antes do 19 de Maio. Tan só os primeiros 75 usuarios rexistrados poderán participar no experimento;
  2. Consumir tapas. Ademais deberás participar no concurso Santiago(é)Tapas 2011 consumindo polo menos 7 tapas diferentes nos restaurantes e bares inscritos no concurso entre o 13 e o 18 de Maio e completando os pousavasos para cada tapa segundo as bases do concurso. Nota importante: O experimento non cubre o custo destas sete tapas;
  3. Validación de recomendacions. Finalizaremos a preparación do sistema de recomendación o 21 de Maio, polo que dende o 22 Maio e ata o 29 Maio (inclusive), poderás solicitar nesta web a túa lista de cinco recomendacións que terás que consumir no restaurante ou bar indicado antes de que finalice o concurso;
  4. Reembolso de tapas. Terás que dicirnos cal é a túa opinión sobre as recomendacións recibidas cubrindo un sinxelo formulario. O importe das tapas serache reembolsado cando entregues o formulario.

Anímate a participar nesta investigación e goza de 5 tapas de balde. Rexístrate na nosa web para recibir tapas de balde e axudar a mellorar o sistema de recomendación.

Moitas grazas!

Novas

Rexístrate para ser un dos 75 ós que se lle darán cinco tapas de balde.

Participa no Concurso Santiago(é)Tapas